Correo electrónico: Premer aquíHorario inverno: Luns, mércores e venres de 16.00h a 20.30h
Horario verán: De luns a venres de 09:30 a 14:30
Nada máis entrar, na planta baixa ao fondo atopámonos co Centro Telemático, que é unha sala con diversos postos con ordenadores que están a disposición dos usuarios para poder facilitar á conexión a Internet de toda a nosa poboación.
Se subimos as escaleiras ata o primeiro andar, entramos na Biblioteca, que está adherida a "Rede de Bibliotecas de Galicia", e na que dispoñemos dunha zona para o estudo con amplas mesas con cadeiras, unha zona infantil para os máis cativos con xogos e libros adecuados a eles, a zona onde están todos os libros colocados en diversos andeis, e o despacho do bibliotecario, a quen lle diremos se queremos imprimir algunha cousa ou se nos xorde calquera dúbida.
Auditorio municipal
Rúa Mon y Landa - 36420 Crecente (Pontevedra)
O auditorio municipal ademais de contar cun amplo patio de butacas e un escenario, está completamente equipado con medios audiovisuais como son pantalla, proxector e altofalantes, tamén dispón de aire acondicionado e calefacción.
Casas culturais municipais
O Concello dispón de tres casas culturais municipais estando situadas nas parroquias de Albeos, Sendelle e Vilar.
Todas elas están a disposición das súas parroquias para o seu uso.
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.