Foi fundada en 1996, como reflexo da ansia dunha familia apaixonada polo viño e a viticultura, por elaborar produtos diferentes, diferenciados e exclusivos de alta calidade.
Pertence a unha familia de ampla tradición no mundo vitivinícola, e a bodega resurxe agora incorporando criterios e tecnoloxías actuais e apostando por variedades tan carismáticas como o brancellao.
Os viños que elaboran son “Albariño Valtea”, “Valtea Cuveé Especial”, “Valtea Finca Garabatos Cepas Vellas”, “Pedras Rubras Albariño”, “Albariño Valtea Brut Nature”, “Valtea Brut Nature Cuveé Especial”, “Pazo da Corga Albariño” e “Pazo da Corga Brut Albariño”.
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.