A cabalo do río Miño, e lindando con Portugal e Ourense, levántanse as nobre paredes da
Casa Rural Hijos Dalgo.
A construción inicial remóntase a 1896, e aínda se conserva a súa
estrutura orixinal. As súas paredes saben de historias de liñaxes e títulos nobiliarios que outrora outorgara o rei Fernando VI ao morador da casa en recoñecemento aos seus valores.
Na finca
“Cruz das Cerdeiras”, anexa á casa, reuníronse o capitán Drake e o Abade do Couto para comezar a expulsión dos franceses na batalla que se librou na ponte Mourentán, sobre o río Deva.
Coa propietaria da Casa Spa Hijos Dalgo, fiel protectora do título nobiliario Hidalgos de Linares da familia e coidadora do recordo das mil e unha batallas libradas na zona, poderán descubrir vivencias e sentimentos dunha época que non nos tocou vivir...
A casa conta con doce habitacións dobres con baño, televisión e fío musical; un salón con cheminea; sala de lectura; comedor e bodega lúdico-festiva. No exterior dispón dunha piscina adecuada as necesidades de nenos e maiores, terraza-comedor, amplos xardíns, zona de grellada, aparcamento cuberto e parque infantil que fará as delicias dos máis cativos.
O viaxeiro atopará
calma e paz entre os marabillosos
paraxes naturais que a rodean, xa que pola zona podemos visitar unha famosa fortaleza, explorar as fermosas paisaxes que nos ofrece o río Miño, realizar diferentes rutas de sendeirismo, e poderemos desfrutar de bo viño albariño, lamprea, polbo, requeixo, xamón... Isto fai que a casa rural se converta no lugar idóneo onde desfrutar de todas as marabillas que a rodean!
Galería:
Localización: