O castro ten forma circular, cuns eixes máximos de 45 por 30 metros. Na parte superior presenta un recinto duns 30 por 30 metros e, por debaixo deste, na súa zona norte, un aterrazamento de 15 metros, separado do recinto superior por un desnivel de 4 metros.
No ano 2004, como consecuencia das obras de ampliación e acondicionamento da estrada que rodea o catro, levouse a cabo un traballo de control arqueolóxico das mencionadas obras. Os traballos deixaron ó descuberto varias estruturas murarias (que logo foron protexidas con xeotextil) e permitiron o rexistro de abundantes fragmentos cerámicos de boa calidade e coidada factura (olas, pratos, etc.), moitos deles decorados, que proporcionan unha cronoloxía do século II d.C.
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.