Ermida situada no alto dun monte, a 4 Km. da vila de Crecente. É de
estilo románico tardío en transición ao gótico e está formada por unha
nave sen presbiterio diferenciado e un pequeno soportal cadrado. Enmarcada a súa construción no século
XIV, foi restaurada no ano
1763 e presenta un engadido do ano
1916. Ademais, posúe unha inscrición nunha pedra encaixada na ábsida que di "
reedificada por Juan Pérez Baylón de Crecente no ano 1619".
A fundación deste santuario relátase coa seguinte lenda "
camiñaba o cabaleiro Mendoza" (século
X) cando alcanzándoo o demo exclamou: "
vállame Deus, San Juan, as tres misas de Nadal e a Virxe do Camiño", e lanzou unha pedra ao aire que sinalou a localización da ermida da
Virxe do Camiño".
Significativa por encadrase nunha
antiga ruta do Camiño de Santiago, posúe nas súas inmediacións un
cruceiro románico de gran valor escultórico e ornamental. Trátase dunha
cruz latina de pedra dunha soa peza situada nunha rocha con relevo de medio vulto coas imaxes de Cristo crucificado na parte frontal e da Virxe coroada cun neno Xesús nos brazos na parte posterior.
Galería:
Localización: