En tempos pasados, a freguesía de Ameixeira estaba atendida pola capela de San Colmede, a cal foi derrubada para axudar coas súas pedras a construír a actual igrexa parroquial de Filgueira, parroquia da que San Colmede era un anexo. Os veciños de Ameixeira fan unha reclamación ao bispo para desligarse da tutela de Filgueira e contar con igrexa parroquial propia que será construída no Século XVIII-XIX co beneficio outorgado polo bispo e a axuda veciñal.
Presenta unha planta rectangular cunha soa nave e unha portada de arco alintelada. As pilastras que flanquean a fachada están rematadas en pináculos. Presenta unha espadana central de dobre van. Os muros laterais presentan dous contrafortes. A ábsida destaca en altura. As súas cubertas son a dous e catro augas. Posúe un viacrucis, tallado na pedra dos muros exteriores da igrexa.
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.