Se “miradoiro” é un lugar ou punto elevado dende o cal se pode contemplar unha paisaxe, calquera visitante se atopa nun lugar idóneo que reúne esas condicións: o Miradoiro de “As Fichocas”, ubicado na estrada local que une Os Padrosos (Ameixeira) e Pazo (Rebordechán), pero que pertence á parroquia de Filgueira.
Dende aquí contémplase unha fermosa estampa: un
frondoso val bañado polo río Miño e cruzado por dúas pontes, a “
Ponte Vella” de comezos do século XX (construída de ferro e granito), e a “
Ponte Nova” cunha distancia de 182 metros que data do ano 2008. Ambas pontes unen o noso concello coa veciña Vila Termal de Cortegada de Baños (Ourense), a que pode contemplarse na súa totalidade.
Obsérvase tamén Filgueira e Ribadavia (ao fondo e a esquerda) co seu impresionante viaduto da autovía. No centro, outros pequenos núcleos pertencentes ao concello de A Arnoia, como o máis próximos, Merens.
A panorámica que dende aquí se contempla
é un regalo para a vista pola diversidade de vexetación e o seu espectacular colorido.
No ano 2017, o miradoiro e a súa contorna foron acondicionados, e para elo
habilitouse un balcón sobre o val, e uns metros máis abaixo unha zona habilitada para o estacionamento dos vehículos.
Galería:
Localización: