Concello de Crecente

Casas rurais

Pazo da Fraga
Santa Marta Albeos, s/n, 36429 - Crecente (Pontevedra)
Teléfono: +34 686 964 052
O Pazo da Fraga está situado no barrio de Santa Marta na parroquia de Albeos, a 50 km de Ourense e Vigo, e a 6 km de Portugal.

Trátase dun conxunto histórico do século XV integrado por pazo, canastro, eira, muíño, xardín e terreo de tres hectáreas dedicado á viñedo, piñeiral e bosque poboado exclusivamente de árbores autóctonas.

A Torre de defensa é a construción máis antiga do Pazo, datada do século  XV e actualmente alberga a Habitación  Señorial. O resto de estancias que conforman o recinto foron construídas posteriormente e as súas funcións foron as propias dunha casa solariega galega, contando con dormitorios, salóns, lareira (cociña tradicional de leña), adegas de viño, cuadras de gando, hórreo e muíño de auga, todas elas existen actualmente. Anteriormente pertencían tamén ao Pazo un gran pombal e unha capela que hoxe en día está cedida.

No Pazo da Fraga estiveron aloxados Don Gonzalo de Córdoba, o Gran Capitán, e Maximiliano de Austria, Emperador de México.

Dispón de cinco habitacións dobres, todas elas con baño, mini bar, teléfono e televisión. Ademais conta con aparcamento, biblioteca, comedor, varias salas e tenda con produtos artesanais da zona.

Na zona pódense desfrutar diversas actividades de aventura como rafting ou puenting, ademais de sendeirismo, rutas a cabalo... E pola súa proximidade con Portugal e coa Serra do Xurés permite realizar unha gran cantidade de actividades relacionadas coa natureza, como é o montañismo.

Cabe destacar que o Pazo da Fraga conta coa categoría A na clasificación de aloxamentos de Turismo Rural de Galicia.

Galería:

Localización:

Xunta de Galicia
Deputación de Pontevedra
BOE
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra
DOG
Sede Electrónica Castastro
ORAL - Xestión Tributaria e Catastral
Portal de Transparencia
Concello de Crecente
  • Rúa Solís Ruiz, 5 - 36420 Crecente (Pontevedra)
  • Teléfono: (+34) 986 666 300
  • Email: info@crecente.es

Horario

  • De luns a vernes de 9:00 a 14:30

Parroquias

  • Albeos, Ameixeira, Angudes, Crecente, Filgueira, O Freixo, Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle e Vilar.

© 2020 Concello de Crecente - Todos os dereitos reservados // Deseño maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.

Política de Cookies Aceptar