Concello de Crecente

Patrimonio

Pazo de Queimadelos
Freixo nº 13 - 36428 Freixo - Crecente (Pontevedra)
Época: Século XVII
Estilo: Barroco
Estado conservación: Bo
Titularidade: Privada
Trátase dun pazo do século XVII, da chamada Idade Moderna (o terceiro período no se que se divide a Historia Universal).

Pertence ao estilo do Barroco e está feito a base de perpiaño granítico e cachotería.

Presenta unha planta rectangular en forma de “U”, e está constituído por planta inferior, dedicada a labores agrícolas, e planta superior, dedicada a vivenda. No ángulo da planta hai unha escaleira e balaustrada de pedra.

As partes máis destacadas do conxunto son o patín de acceso e o arco de medio punto de acceso á adega. Tamén podemos destacar que no interior existe un hórreo e un pombal, e no exterior, á carón do pazo, observamos a igrexa parroquial con advocación por San Roque, que no pasado era a capela do pazo.

O portalón da entrada presenta un arco alintelado sobre o que aparece un escudo e a cornixa moldurada con ameas.
 

Galería:

Localización:

Xunta de Galicia
Deputación de Pontevedra
BOE
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra
DOG
Sede Electrónica Castastro
ORAL - Xestión Tributaria e Catastral
Portal de Transparencia
Concello de Crecente
  • Rúa Solís Ruiz, 5 - 36420 Crecente (Pontevedra)
  • Teléfono: (+34) 986 666 300
  • Email: info@crecente.es

Horario

  • De luns a vernes de 9:00 a 14:30

Parroquias

  • Albeos, Ameixeira, Angudes, Crecente, Filgueira, O Freixo, Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle e Vilar.

© 2020 Concello de Crecente - Todos os dereitos reservados // Deseño maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.

Política de Cookies Aceptar