O
río Ribadil nace na Cañiza e descende formando unha depresión cara a Crecente para entregar as súas augas ao Miño. Por ser afluente deste forma parte do “Lugar de Importancia Comunitaria (LIC)” e tamén de “Rede Natura 2000” que comprende o Miño e os seus afluentes desde Frieira ata a súa desembocadura na Guarda.
No lugar de A Balboa o Ribadil discorre encaixado e forma unha
bonita fervenza e unhas fantásticas pozas dignas de visitar. O lugar foi acondicionado con pasarelas e co denominado
Miradoiro do Pozo do Inferno sobre o mesmo río en febreiro de 2018 e forma parte do denominado Sendeiro de Vilar.
Existen os
restos dunha industria hidráulica que aproveitaba a auga do Ribadil mediante unha gran canle que aínda se pode observar. O acceso a este é complicado pois a vexetación cómese os accesos.
Xunto ao Pozo do Inferno existe un pequeno antigo muíño fariñeiro cuxa actividade tamén parece ser longa pois os restos da súa cuberta de tella e a súa caixa de fariña de cemento proban o seu uso no século XX.
No transcurso do río atopámonos con numerosos
muíños fariñeiros, algúns deles en bo estado de conservación, así como varias pontes antigas que cruzan o río.
Ademais se nos desprazamos ata Mandelos, atopámonos coa
nova ponte peonil que cruza tamén o río Ribadil, a cal foi construída no ano 2019, un lugar único pola súa beleza paisaxística así como pola súa riqueza de fauna e flora de toda a contorna, tratándose dunha zona calificada como “Rede Natura Baixo Miño”. E dende onde podemos observar restos dun antigo serradoiro.
Galería:
Localización: