Parte do torreiro da
parroquia do Freixo cara os lugares de Mollapán e Soutomaior, por camiños entre fincas de cultivo e viñedos, podendo observar cruceiros e numerosos exemplos de construcións catalogadas.
A partir de O Lombo, a
vexetación vólvese forestal, con piñeirais e eucaliptais en mestura con carballos, castiñeiros, bidueiros, loureiros e acacias. Destaca a abundancia de sobreiras en todo o percorrido.
Ao fondo tomamos unha desviación cara ao
Cruceiro Quebrado onde poderemos ver a
Capela do Cristo dos Aflixidos e un
Cruceiro sobre roca; e tras percorrer a zona da Sinada, atoparemos a
Virxe do Camiño e o
Cruceiro de Santa Margarida, enclavados nunha carballeira centenaria nun contorno onde a Comunidade de Montes está realizando un proxecto de recuperación de especies forestais autóctonas.
Por pistas de terra chegaremos ao
Coto da Cruz, cun miradoiro de vistas privilexiadas sobre o
Río Miño e as poboacións limítrofes.
Seguiremos por o Busto ata o Barrio da Granxa, onde segundo moitos investigadores xurdiu a resistencia do campesiñado galego contra a invasión francesa.
Tras cruzar fincas, chegaremos ao
Muíño dos Tarendos,
muíño hidráulico tradicional restaurado que pode ser visitado en funcionamento e que conserva un impresionante cubo vertical.
Este roteiro foi creado pola asociación veciñal.
Localización:
Documentos: