Correo electrónico: Premer aquíHorario: De luns a venres de 09:35 a 16:00
No CEIP Plurilingüe Manuel Sieiro atopamos os niveis de educación infantil e de educación primaria.
Ademais das aulas destinadas ás diferentes titorías e especialidades, posúe unha serie de dependencias e espazos educativos destinados ás distintas especialidades e actividades complementarias que realizan no centro ao longo do curso; entre as que podemos destacar:
Biblioteca Escolar: dotada dunha grande cantidade de libros, tanto de lectura recreativa como consultiva, que o alumnado pode levar en préstamo para casa; así como unha serie de equipos multimedia, como computadoras, pizarra dixital e conexión a Internet.
Departamento de Orientación: encargado de apoiar a labor do centro e do conxunto do profesorado en todas aquelas actuacións encamiñadas a garantir a formación integral do alumnado; e á adaptación dos procesos de ensino e aprendizaxe ás características e necesidades de todos os alumnos e alumnas.
Aula-Obradoiro de Infantil: espazo no que os nenos e nenas desta etapa educativa poden levar a cabo obradoiros de distinto tipo (manualidades, actividades artísticas...).
Aula de Plástica e manualidades: na que se levan a cabo este tipo de actividades, tanto no horario lectivo, como non lectivo. Ademais é unha das aulas na que se pon en práctica as seccións bilingües.
Aula de Informática: dotada de equipos multimedia (computadoras e pizarra dixital) e conexión a Internet, permite ao alumnado manterse ao día coas novas tecnoloxías.
Aula de Audiovisuais: outro dos espazos adicados a levar a cabo os diferentes proxectos e actividades complementarias que realizamos no centro. Nesta aula é na que gravan gran parte dos seus programas de "As Ondas do Miño"; e funciona tamén como redacción do seu xornal escolar "Crecente en Letra".
Ximnasio: integrado no propio centro e dotado cunha grande variedade de material lúdico-deportivo, destinado á Educación Física, en Primaria, e á Psicomotricidade, en Infantil.
Pavillón: cedido polo Concello de Crecente para a realización, tanto de sesións de E. Física, dentro do horario lectivo; como de actividades extraescolares programadas pola ANPA.
Patios: organizados e delimitados por cursos, contan con infraestruturas como areeiro para Infantil, pista de fútbol e baloncesto, patio cuberto, etc.
Correo electrónico: Premer aquíHorario: De luns a venres de 08:30 a 15:30
As escolas infantís da rede "A Galiña Azul" están dirixidas a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 meses e os 3 anos. Trátase dun servizo público de atención á infancia, educativo asistencial, que busca adaptarse ao concepto de familia do século XXI e permitir a conciliación da vida laboral e persoal da cidadanía galega, ao tempo que facilita a súa inserción no mercado laboral.
A nosa escola infantil, dispón dun comedor, de sala para a sesta dos cativos, sala de xogos equipada, parque exterior acolchado, despacho e aseos. E oferta un total de 20 prazas cada curso.
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.