O Concello de Crecente invirte case 90.000 euros en reparar os danos causados polas inundacións
As actuacións fináncianse con cargo á subvención concedida pola Deputación de Pontevedra para o investimento de limpeza de vial en Varóns e Rego na parroquia de Filfueira, e vial en Mollapán, reconstrucións de muros en albeos, Ribeira de Abaixo, Nane Freixo, Parada- Rebordechán, Souto Filgueira e en Pereiras, no Barrio de Sendelle
Crecente, 30 decembro do 2023
En marzo do 2023 a Deputación de Pontevedra, ante un extraordinario episodio de choivas que, pola súa intensidade e duración, provocou fortes inundacións que ocasionaron graves danos en bens, equipamentos, infraestruturas e instalacións de titularidade pública dos concellos da provincia de Pontevedra, habilitou unha convocatoria de axudas aos concellos da provincia para paliar os danos ocasionados.
Así, o obxecto da convocatoria foi subvencionar aquelas actuacións que, no marco das competencias municipais, permitiran a reparación de danos en infraestruturas, instalacións e/ou equipamentos de titularidade municipal, como é o caso da reparación e reconstrución de bens, infraestruturas, instalacións e equipamentos a retirada de materiais, limpeza e reacondicionamento de bens e espazos públicos ou a construción de muros de contención, terrapléns, pedrapléns de apoio e protección e actuacións de aseguramento de espazos e bens, entre outras.
O Plan de reparación dos danos causados polas inundacións pretende facer fronte, precisamente, ás necesidades que experimentan os concellos, que tendo en conta o extraordinario da situación e da insuficiencia orzamentaria faise necesario artellar mecanismos de colaboración e cooperación entre administracións co obxectivo de contribuír á restauración comunitaria, urbanística e medioambiental da zona damnificada e que con iso se recupere a normalidade na prestación dos servizos á cidadanía e se axude a manter a actividade económica das zonas danadas
Solicitada a subvención polo concello de Crecente a Deputacia financia o 100% do custe da axuda por importe de
87.180,00 € para REPARACIÓN DE DANOS CAUSADOS POLAS INUNDACIÓNS ACONTECIDAS NO CONCELLO DE CRECENTE con cargo á
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE SUBVENCIÓNS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA REPARACIÓN DOS DANOS CAUSADOS POLAS INUNDACIÓNS ACONTECIDAS NOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA publicada no BOPPO núm. 46, do martes, 7 de marzo do 2023).
O concello de Crecente realizou ou están en prazo de execución as seguintes actuacións:
1.- LIMPIEZA DE VIAL EN VARÓNS – FILGUEIRA
2.- LIMPIEZA DE VIAL EN REGO – FILGUEIRA
3.- LIMPIEZA DE VIAL EN MOLLAPÁN – FREIXO
4.- RECONSTRUCCIÓN DE MURO EN MOSTEIRO – ALBEOS
5.- RECONSTRUCCIÓN DE MURO EN RIBEIRA DE ABAIXO – RIBEIRA
6.- RECONSTRUCCIÓN DE MURO EN NANE – FREIXO
7.- RECONSTRUCCIÓN DE MURO EN PARADA – REBORDECHÁN
8.- RECONSTRUCCIÓN DE MURO EN SOUTO – FILGUEIRA
9.- RECONSTRUCCIÓN DE MURO EN PEREIRAS – SENDELLE