O concello de Crecente foi beneficiario dunha axuda financiada con cargo ao Plan de Mellora de Camiños 23-24 do AGADER por importe de 48191,00 euros para a mellora de vaiais en Sendelle e Taberna, en Filgueira e Santa Mariña, na parroquia de Ribeira
Dacordo coa RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2023 para a concesión das axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia, en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento MR701E) DOG nº 44, do venres, 3 de marzo do 2023 e da necesidade do Concello de Crecente de actuar a prol da mellora de camiños municipais, de acceso a parcelas agrícolas, favorecendo así o desenvolvemento de cultivos (viñedos, hortas, froiteiras, oliveiras…), pastos, instalacións agrícolas etc., e para unha economía máis sustentable no medio rural, levouse a cabo a obra de “MELLORA DE VIAIS EN SENDELLE, TABERNAS (FILGUEIRA) E SANTA MARIÑA (RIBEIRA)” financiada polo AGADER ao abeiro do Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia
En nuestra web se utilizan cookies propias y de terceros con finalidad analítica y de marketing. Para continuar navegando es necesario aceptar la política de cookies.