Correo electrónico: Premer aquíHorario: Martes e xoves de 09:00 a 11:00.
O xulgado de paz é un órgano xudicial unipersoal, que exerce a súa xurisdición nun municipio onde non existe un xulgado de primeira instancia; está atendido por un xuíz non profesional, que se coñece como xuíz de paz, que exerce funcións xurisdicionais e encárganse de resolver cuestións de menor relevancia, sempre regulados pola Lei do Poder Xudicial.
O xulgado de paz desenvolve competencias no ámbito persoal e debe de constar:
O xuíz de paz, proposto polo respectivo Concello e nomeado polo Tribunal Superior de Xustiza por un período de 4 anos, exerce funcións xurisdicionais.
Un secretario, que tamén será designado polo Concello (en concellos de menos de 5.000 habitantes) e nomeado polo Tribunal Superior de Xustiza, e as funcións realizaranse por un funcionario.
Funcións do xulgado de Paz no ámbito civil
No ámbito do Rexistro Civil, o Xulgado de Paz atende calquera cuestión rexistral que lle expoñan os veciños empadroados no respectivo municipio; entre as actuacións referidas ao Rexistro Civil que desenvolve o xulgado de paz destacan as seguintes:
Expedición de certificados de nacemento, matrimonio ou defunción, xa sexa en forma de extracto e literais; así como expedición de fe de vida e estado.
Tramitación de expedientes de matrimonio e celebración de vodas.
Inscrición de matrimonios civís ou relixiosos, celebrados no municipio que alberga o Rexistro Civil.
Inscrición de nacementos.
Inscrición de defuncións ocorridas no municipio.
Ámbito civil
O Xulgado de Paz presta o que se denomina auxilio xudicial, que se encarga, por exemplo, de tomar declaracións a prexudicados ou efectuar ratificacións, por citar algúns.
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.