O Concello de Crecente pertence ao Distrito Forestal XVII do Condado - A Paradanta, é por elo que temos á nosa disposición o servizo dos Gardas Forestais, que se desprazan ao noso concello os mércores en horario de 10:30 a 11:30, para poder realizar a solicitude de declaración de aproveitamentos madeireiros e leñosos en montes ou terreos forestais de xestión privada.
Para elo, deberase aportar:
Referencia catastral do lugar onde se vai a realizar a corta.
Especificar tipo e cantidade de árbores que se van a cortar.
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.