Concello de Crecente

O pleno

Competencias

O Pleno é o órgano de máxima representación política da cidadanía dentro do goberno municipal, e está constituído polo Alcalde e os Concelleiros. O Alcalde é quen convoca e preside estas sesións. As atribucións deste órgano, son as que di o artigo 22 da Lei Reguladora das Bases do Réxime Local, que literalmente di:
  • Corresponden, en todo caso, ao Pleno municipal nos Concellos, e á Asemblea veciñal no réxime de Concello Aberto, as seguintes atribucións:
    • O control e a fiscalización dos órganos de goberno.
    • Os acordos relativos á participación en organizacións supramunicipais; alteración do termo municipal; creación ou supresión de municipios e das entidades a que se refire o artigo 45; creación de órganos desconcentrados; alteración da capitalidade do municipio e o cambio de nome deste ou daquelas entidades e a adopción ou modificación da súa bandeira, insignia ou escudo.
    • A aprobación inicial do plan xeral e a aprobación que poña fin á tramitación municipal dos plans e demais instrumentos de ordenación previstos na lexislación urbanística, así como os convenios que teñan por obxecto a alteración de calquera dos devanditos instrumentos.
    • A aprobación do regulamento orgánico e das ordenanzas.
    • A determinación dos recursos propios de carácter tributario; a aprobación e modificación dos orzamentos, e a disposición de gastos en materia da súa competencia e a aprobación das contas; todo iso de acordo co disposto na Lei Reguladora das Facendas Locais.
    • A aprobación das formas de xestión dos servizos e dos expedientes de municipalización.
    • A aceptación da delegación de competencias feita por outras Administracións públicas.
    • A formulación de conflitos de competencias a outras entidades locais e demais Administracións públicas.
    • A aprobación do persoal e da relación de postos de traballo, a fixación da contía das retribucións complementarias fixas e periódicas dos funcionarios e o número e réxime do persoal eventual.
    • O exercicio de accións xudiciais e administrativas e a defensa da corporación en materias de competencia plenaria.
    • A declaración de lesividad dos actos do Concello.
    • A alteración da cualificación xurídica dos bens de dominio público.
    • A concertación das operacións de crédito cuxa contía acumulada, dentro de cada exercicio económico, exceda do 10 por cento dos recursos ordinarios do Orzamento -salvo as de tesourería, que lle corresponderán cando o importe acumulado das operacións vivas en cada momento supere o 15 por cento dos ingresos correntes liquidados no exercicio anterior- todo iso de conformidade co disposto na Lei Reguladora das Facendas Locais.
    • (Derrogada).
    • A aprobación dos proxectos de obras e servizos cando sexa competente para a súa contratación ou concesión, e cando aínda non estean previstos nos orzamentos.
    • (Derrogada).
    • Aqueloutras que deban corresponder ao Pleno por esixir a súa aprobación unha maioría especial.
    • As demais que expresamente lle confiran as leis.
  • Corresponde, igualmente, ao Pleno a votación sobre a moción de censura ao Alcalde e sobre a cuestión de confianza exposta polo mesmo, que serán públicas e realizaranse mediante chamamento nominal en todo caso, e réxense polo disposto na lexislación electoral xeneral.
  • O Pleno pode delegar o exercicio das súas atribucións no Alcalde e na Xunta de Goberno Local, salvo as enunciadas no apartado primerio, parágrafos a), b), c), d), e), f), g), h), i), l) e q), e no apartado segundo deste artigo.
O Pleno do Concello de Crecente, ten todas as atribucións excepto as que corresponden coas letras j), k), m) e o) que están delegadas na Xunta de Goberno Local.
A periocidade das sesións é trimestral, coincidindo co último xoves de cada trimestre ás 10:00 horas.
Pódense consultar as actas no apartado ORGANOS DE GOBERNO / ACTAS desta páxina web.

Membros

O Pleno está formado por un total de once membros sendo estes oito polo Grupo Municipal do Partido Popular, dous polo Grupo Municipal do Partido Socialista e un Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego:

Julio César García-Luengo Pérez

(PP)

Carlos Vallejo Domínguez

(PP)

David Martínez Fernández

(PP)

Begoña Mariño Domínguez

(PP)

Iván Fernández Faro

(PP)

Víctor Paz Rodríguez

(PP)

Raquel Vázquez González

(PP)

Aníbal Barreiro Paz

(PSdeG PSOE)

Beningno López Álvarez

(BNG)

Xunta de Galicia
Deputación de Pontevedra
BOE
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra
DOG
Sede Electrónica Castastro
ORAL - Xestión Tributaria e Catastral
Portal de Transparencia
Concello de Crecente
  • Rúa Solís Ruiz, 5 - 36420 Crecente (Pontevedra)
  • Teléfono: (+34) 986 666 300
  • Email: info@crecente.es

Horario

  • De luns a vernes de 9:00 a 14:30

Parroquias

  • Albeos, Ameixeira, Angudes, Crecente, Filgueira, O Freixo, Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle e Vilar.

© 2020 Concello de Crecente - Todos os dereitos reservados // Deseño maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.

Política de Cookies Aceptar